Autoedición e cultura independente nas aulas
Facilitamos o acceso á cultura independente e á produción artística a través de eventos, exposicións e actividades por toda a Costa da Morte
colaboramos co profesorado impartindo faladoiros, obradoiros e actividades creativas nos centros educativos da Costa da Morte
Se es docente e buscas obradoiros e actividades creativas que fomenten a creatividade e o pensamento crítico do teu alumnado e que se adapten á programación da túa materia contáctanos e crearemos un obradoiro a medida
Cada alumno/a adquirirá os coñecementos mínimos sobre como facer un cartel atractivo e que comunique creando o seu propio cartel para o Festival de autoedición VIMINDIE 2026.
Primeiro, realizamos unha breve introdución sobre o festival e explicamos os conceptos básicos para deseñar un cartel. A continuación, cada alumno/a realizará un bosquexo rápido para despois crear o seu cartel autoeditado a partir dun modelo que xa ten o logo e a información do evento preimpresa (preferiblemente A3). Poden realizar tantos carteis como queiran.
- Esta actividade realizarase no centro educativo
- DATA: entre o 21/09 e o 8/10 en horario lectivo
- Duración: 1 sesión
- Técnica libre
- Materiais: modelo impreso en papel A4 ou A3, pinturas, tesoiras, pegamento, etc.
- Actividade gratuíta, non inclúe materiais
Con este obradoiro buscamos motivar ao alumnado e facerlle saber que non é imprescindible saber debuxar para crear un cartel que sexa atractivo, comunique e chame a atención. Non existe o cartel perfecto, todos son válidos, todos os carteis serán "o cartel de VIMINDIE" e poderán pegalo por comercios da súa localidade ou expoñelo nunha exposición colectiva na Casa da Cultura de Vimianzo do 29 de outubro ao 1 de decembro.
Con este obradoiro buscamos estimular a expresión artística do alumnado a través dos fanzines xa que son unha forma accesible e alcanzable de autoexpresión e autopublicación e calquera persoa pode crear un fanzine con materiais básicos e sen necesidade de ter habilidades artísticas ou técnicas avanzadas nin grandes investimentos. É cultura popular, libre e creativa.
Obradoiro experimental para iniciarse no mundo do fanzine e as publicacións autoxestionadas explorando diferentes formatos e técnicas como collage, debuxo e narrativa.
Comezaremos o obradoiro dando as bases conceptuais e as ferramentas básicas para explorar o medio.
Despois cada alumno realizará un fanzine en papel a partir dun A4 cunha temática común (adaptada á programación da materia) pero o suficientemente aberta como para permitir liberdade creativa. Pedirase aos participantes que traballen mediante a disciplina literario-plástica da súa elección (escritura, fotografía, cómic, pintura, ilustración, collage…). O enfoque e tratamento do tema proposto é completamente libre.
- Duración: 1 sesión
- Técnica libre
- Materiais: papel A4 ou A3 branco ou de cor, pinturas, tesoiras, pegamento, etc.
Ao finalizar o obradoiro propoñerase ao alumnado participar nunha exposición colectiva de fanzines na Casa da Cultura de Vimianzo (do 29 de outubro ao 1 de decembro) con motivo do Festival de autoedición VIMINDIE. Ademais, propoñerase ao centro a creación dunha Fanzinoteca dentro da súa biblioteca con todos os fanzines realizados durante o obradoiro.
Inscribe o teu centro e reserva data na seguinte ligazón ou envíanos un correo: a info@vimindie.com
Cada alumno/a adquirirá os coñecementos básicos sobre a rotulación e decoración de escaparates e cristaleiras comerciais realizando unha obra colectiva no escaparate dun comercio local con motivo do Festival VIMINDIE
Primeiro, realizamos unha breve introdución sobre o escaparatismo e a súa importancia como reclamo de calquer negocio, así como nocións básicas de composición e comunicación visual.
A temática é libre pero débese acordar co negocio xa que debe aprobar o bosquexo. Pódense combinar frases inspiradoras con ilustracións, pola técnica que se vai utilizar (rotulador) recoméndase o debuxo a liña dena cor.
Cada alumno ou grupo de alumnos presentará a súa proposta (bosquexo) e por votación elixirase 1 a realizar valorando a súa orixinalidade, a súa adecuación ao tipo de escaparate e negocio así como á técnica que se utilizará. O deseño debe incluír o logo do VIMINDIE Festival e do Centro educativo.
Durante varias sesións realizarase a obra dentro do horario lectivo.
- Esta actividade realizarase fora do centro educativo
- DATA: entre o 21/09 e o 20/10 en horario lectivo
- Duración: 2 sesións na aula (introdución e bosquexos) + 1-4 sesións dependendo do caso
- Técnica: rotulador acrílico tipo POSCA (opcional pintura acrílica branca con pincel e brocha)
- Materiais: rotuladores/pintura acrílica branca, pinceis, botes de cristal, cinta de carroceiro, modelo cos logos, roupa de "traballo"
Whatsapp Button
Click the gear icon to configure.
this text will be removed in preview/public