PONENTES

Festival VIMINDIE
Autoedición e cultura independente da Costa da Morte

ponentes nos faladoiros VIMINDIE

Presentámovos os ponentes VIMINDIE 26
easd pablo picasso a coruña portada web
EASD Pablo Picasso

Javier Macho - A Coruña
Centro formativo
xoves 29, 10:00h

A Escola de Arte e Superior de Deseño (EASD) Pablo Picasso é un referente no ámbito cultural Galego.
Os estudantes e profesores do ciclo de Ilustración nos falaranos da oferta formativa da Escola para que as rapazas e rapaces da Costa da Morte consideren a formación artística e do deseño como unha posible alternativa de futuro.

xulia pison ilustracion comic
Xulia Pisón

A Coruña
Comic e Ilustración
xoves 29, 10:45h

«Resulta curioso cómo, si tienes esa necesidad de crear, esta vuelve siempre a ti, por mucho que intentes dejarla apartada.»
Deixou a profesión de enfermería e cursou Ilustración na EASD Pablo Picasso. Actualmente adícase ó cómic, á ilustración e ó humor gráfico.

cristian caruncho ilustracion mural vimianzo
Cristian Caruncho

Vidueiro, Ortigueira
Debuxante e Faneditor
xoves 29, 10:45h

Este talento, ex estudante da Pablo Picasso, é creador de historietas na que manifesta tanto as súas preocupacións ecolóxicas e ambiental como o seu coñecemento do rural galego.

gustavo llovio hacking etico
Gustavo Llovo

Lebosende, Ourense
Perito xudicial en ciberseguridad, Divulgador
xoves 29, 12:15h

Informático experto en ciberseguridade e divulgador de hackingetico.gal, vai explicar os riscos do cibeacoso có fin de previr, xa que este é o obxectivo primordial na loita contra o ciberbullying.

a furna cooperativa audiovisuales laxe costa da morte
A Furna Coop.

Uxía  e Illa - Laxe
Audiovisuais
xoves 29, 17:30h

As fundadoras de A Furna, cooperativa audiovisual nos contarán como naceu o proxecto que conta historias con impacto social e conecta coa comunidade.

cine clube portozas laxe
Cine Clube "Portozas"

Laxe
Cine clube
xoves 29, 17:45h

O proxecto do Cine Clube Portozas nace da vontade de achegar o cinema a Laxe, porque dende o rural tamén debemos ter a oportunidade de descubrir, compartir e disfrutar do cine.

gabi cerqueiro director de cine audiovisual guionista
Gabi Cerqueiro

A Coruña
Director, Guionista, Creativo dixital
xoves 29, 19:00h

A súa paixón polo cine e a poesía consolidouse no seu debut cinematográfico como director, guionista e produtor coa curtametraxe "despois de ti, máis amor" (2025). Tamén é guionista e director creativo no Festival Novo Enfoque.

lourdes folgueiro
Lourdes Folgueira

Viveiro
Directora, Guinista
xoves 29, 19:00h

Directora e Guionista da curta "Airada"(2026). Participou tamén en varios proxectos audiovisuais como "Jardín de plástico" (2025), gañadora do concurso "Consumidores... e Acción!" da OCU en colaboración con Netflix e "O que non falta" (2025) mención de
honra no Concurso Carlos Asorey.

estela diz directora guionista airada
Estela Diz

A Coruña
Directora, Guionista
xoves 29, 19:00h

Directora e Guionista da curta "Airada"(2026). Traballou como meritoria de dirección de "Dímelo con besos", de Vaca Films para Prime Video.
Tamén ten un proxecto persoal "Dando a lata", no participou na edición e produción, ademais de
exercer como presentadora.

coidos javi sampedro suso canossa musica poesia
Javi Sampedro - Suso Canossa

Vimianzo
Música e poesía
xoves 29, 20:00h

Son os integrantes do grupo musical Coídos coa música e a poesía en galego/portugués como esenza e seña de identidade.

cartel ponte friki 2027
Ponte Friki

Ponte do porto
Evento friki
venres 30, 18:00h

Evento dedicado á cultura xaponesa, ó mundo friki, cosplay, gaming.
Ponentes: Tina's Rugs e as súas alfombras personalizadas, o debuxante de manga Adori Zen e as impresión 3D de Álvaro Parga.

hipnosis banda punk
Hipnosis

A Coruña
Banda musical
venres 30, 19:00h

Una banda punk de rapazas e rapaces novos con temas orixinais reivendicativos e moi cañeiros.

dosis letal grupo rock
Dosis Letal

Fisterra - Corcubión
Banda musical
venres 30, 19:00h

Banda punk rock da Costa da Morte que propoñes versións de temas de rock español e algúns deles.

cari ca artista
Cari Ca

Laxe
Artista multidisciplinar
sábado 31, 11:00h

Grabado, pintura, lustración, fanzines, Cari Ca è unha artista activista polifacética e se define "artivista".

tania varela cuentos de fantasia
Tania Varela

A Coruña
Escritora
sábado 31, 13:00h

Contos de fantasía e ciencia ficción dende o prisma femenino.
Autora do libro "Cuentos para niñas con pistolas".

uve de villamisar
Uve de Villamisar

A Coruña
Ilustradora
sábado 31, 13:00h

Define a súa obra como cuqui-punk, cuxa técnica principal é o comlage. Fanzines e diferentes produtos de merchan como pegatinas, láminas, postais ou bodis para bebés..

paula naya disenadora grafica art director
Paula Naya

Laxe
Deseñadora gráfica
sábado 31, 13:00h

Deseñadora gráfica e directora artística para grandes marcas e freelance.

maraxe logo banda musical
Maraxe

Cee
Banda musical
sábado 31, 14:00h

Banda musical da Costa ou mellor dito "tu grupo local de confi"

malleira en directo banda musical
Malleira

Costa da Morte
Banda musical
sábado 31, 14:00h

Banda musical da Costa

roberto m soler ilustrador humor
Roberto M. Soler

A Coruña
Ilustración humorística
sábado 31, 16:00h

Autor de fanzines autoeditados de cómic e ilustración (series "Cruel y Estúpido" e "Tintubre") de corte maiormente humorístico e absurdo.

raquel nogueira actriz
Raquel Nogueira

Pobra de Trives
Actriz creadora
sábado 31, 17:00h

"Nadie sabe cómo me llamo, todos me llaman por mi personaje en 'Animal".
A actriz da serie e gañadora do premio Maestre Mateo presenta a obra teatral "A historia vaxenial".

ruben rial
Rubén Rial

Vimianzo
Ilustrador, Comic
sábado 31, 18:00h

É autor de cómic e ilustrador, iniciou o seu interese na temática histórica co cómic '1468', obra propia sobre as revoltas irmandiñas. Ilustrou proxectos para museos e exposicións como '1921-2021. 100 anos da bandeira galega', 'Picasso na Casa' e 'María Casares, en Tres Actos'. Colabora en publicacións autoeditadas como Edicións Baixo Terra.

Talentos